Ata o lugar dos feitos, na estrada de San Cristovo das Viñas, acudiron membros da nosa organización que observaron un regueiro de liquido escuro cun olor característico a gasolina, gasóleo e aceites, xa que logo, Esquerda Unida quere denunciar a presenza dun vertido de hidrocarburos no Birloque.
Como queira que os hidrocarburos son altamente inflamábeis, existe a posibilidade de que o problema medioambiental poida desencadear nun problema de seguridade cidadá, por iso o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicita ao Goberno municipal que resolva con urxencia o problema medioambiental e preguntará no pleno que medidas está a desenvolver para solucionalo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “entendemos a política como un servizo a cidadanía, por iso sempre acudiremos cando a veciñanza nos reclame para tentar axudar na medida das nosas posibilidades”.