👇🏾 ONLINE: Violencia machista no confinamento. Estratexias de futuro.

Participa e segue a charla desde o enlace YOUTUBE e tamén desde o FACEBOOK de Esquerda Unida. Este luns 30 de novembro ás 19,30.

 

A situación de confinamento agravou a vulnerabilidade das mulleres en situación de violencia de xénero, entre outras cuestións a imposibilidade de acceder durante ese periodo aos recursos ou redes de apoio habituais así como aos servizos de saúde ou outras vías asistencia, provocaron unha situación de extrema vulnerabilidade nestas mulleres que consideramos preciso analizar e debater para poder actuar.

Charla online: Violencia machista no confinamento. Estratexias de futuro.

A charla será moderada por Loreto Taibo, avogada e membro da dirección nacional de Esquerda Unida, contaremos coa participación das compañeiras:

Victoria Diéguez avogada vinculada ao feminismo organizado desde o Foro Feminista Falando Nós,  membro da Asociación de Mulleres Xuristas Themis e tamén da Federación de Asociacións de Asistencia a Mulleres Violadas.

Amanda Meyer, avogada e activista membro da dirección de IU, actualmente exerce como directora do gabinete do Ministerio de Igualdade.

 

 

 

 

Relacionados