Asistiron por parte de Esquerda Unida, Rubén Pérez, candidato a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais e Nair Rodríguez, Responsable da área de Muller en Vigo; e por Educación sen Fronteiras, Txus Lence, voluntaria e Miguel, técnico da Campaña Mundial pola Educación.
Educación sen Fronteiras explicou as súas campañas e programas no eido da educación.; especialmente a Campaña Mundial pola Educación que, xunto con outros colectivos sociais e ONGDs, pretende a sensibilización da clase política e da opinión pública sobre a importancia da educación das mulleres e nenas e a necesidade de actuar de manera urxente, posto que todavía os dous tercios de persoas adultas sen alfabetizar son mulleres; e dos 69 millóns de nenos e nena sen alfabetizar no mundo, o 54 % son nenas.
Esquerda Unida trasladou o seu programa en relación a cooperación, sensibilización e servizos sociais que conta entre outras propostas coa creación dunha Casa da Solidariedade para a realización de actividades, reunións e que funcione como lugar de encontro para as diversas organizacións e asociacións de solidariedade e cooperación da cidade; e a urxente habilitación dun albergue nalgún dos diferentes inmobles que o Concello ten na cidade en total inactividade.
Por outra banda, tanto Esquerda Unida como Educación sen Fronteiras expuseron a súa preocupación entorno o rídiculo investimento dun 0,022 % do orzamento do Concello de Vigo destinado á cooperación ao desenvolvemento, cifra que está moi lonxe do 0,7 % establecido e da media española nos municipios de población e orzamento similar
ao concello de Vigo.
Finalmente, EU Vigo emprazounos a colaborar cun listado propostas que poidan enriquecer a elaboración colectiva do programa electoral