xuntanza CCOO

Xuntanza con CCOO e campaña en defensa das pensións

 

A Federación de Pensionista e Xubilados de CCOO en palabras do seu secretario xeral, José Manuel Díaz Montero, manifestou o seu agradecemento pola colaboración e posición de Esquerda Unida, tanto a nivel nacional como federal, nas mobilizacións levadas a cabo, e mostrou a súa preocupación polas consecuencias que as reformas realizadas e que se realizarán terán na clase traballadora.

Esquerda Unida reiterou o seu apoio ás reivindicacións dos sindicatos e a súa activa participación en futuras mobilizacións e folgas xerais, manifestando a súa preocupación polas argumentación falaz que está a utilizar o Goberno do PSOE para xustificar a reforma do sistema público de pensións españols que se están a producir.

Ambas delegacións coincidiron en cualificar as medidas que está a levar a cabo o Goberno do PSOE, como regresivas, antisociais e de marcado corte neoliberal. Ao tempo que coincidiron en que o executivo esta a actuar segundo o ditado dos mercados, e dicir do capital financeiro especulativo.

Yolanda Díaz, presentou a campaña “ante a reforma das pensións. Non sexas inocente” que se lanzou o pasado 28 de decembro en contra da reforma das pensións. A devandita campaña que está a promover en todo o Estado Izquierda Unida federal pretende concienciar a cidadanía dos argumentos terxiversadores e falaces que o PSOE está a utilizar para xustificar unha reforma que o que está a facer é promover de maneira encuberta a privatización das pensións diante das presións da banca.

Relacionados