Afectados polas preferentes

Rolda de Prensa no Círculo de Artesanos de A Coruña. Yolanda Díaz (segunda candidata provincial), Cesar Santiso (concelleiro de A Coruña e responsable de comunicación de EU) e Ana Cedeira (voceira da Plataforma de Afectados polas Preferentes de A Coruña). Compareceron tras unha reunión que comezou ás 10:00 da mañá, na que se abordou a problemática dos afectados polas preferentes.

Cesar Santiso, concelleiro de A Coruña e responsable de comunicación de EU, abriu a rolda de prensa cualificando as preferentes de estafa masiva. Transmitiu a solidariedade da súa formación para cos pequenos aforradores galegos afectados e denunciou a “arbitraxe orquestada por Feijóo” como un intento de dividir aos aforradores, “unha demostración de cómo se pon a política ao servizo dos banqueiros e os poderosos en vez de ao servizo das persoas” .

Ana Cedeira, voceira da plataforma, agradeceu os esforzos de EU por dar a coñecer a problemática da plataforma, especialmente “Cesar leva moito tempo axudándonos”.

A voceira reclamou transparencia nos procesos, acceso ás bases dos acordos con Bruselas e respecto.

Ana Cedeira manifestou sentirse presionada e ninguneada polo Goberno pero disposta a “non permitir que os maiores perdan a xubilación”.

Yolanda Díaz, cabeza de coalición de Alternativa Galega de Esquerda con Xosé Manuel Beiras, achacou a conduta de Feijóo a unha táctica de medo que “trata de paralizar á cidadanía para consolidar a súa maioría absoluta.

“Os mozos sen emprego teñen medo, as familias teñen medo, os traballadores terror ao despido e os banqueiros e defraudadores non”.

Yolanda Díaz adquiriu o compromiso de facer o posible por inverter a tendencia, “para que o medo cambie de bando”, tanto a pé de rúa como dende o Parlamento e para que os procesos conten con tódalas garantías para os afectados.

Relacionados