Albergue municipal público

 

Esquerda Unida solicita ao Goberno municipal que habilite un albergue municipal para cubrir as necesidades básicas dos máis necesitados. O devandito albergue de titularidade pública municipal estaría dirixido polos servizos sociais do Concello coa colaboración na súa xestión de ONG e asociacións orientadas a axudar a persoas sen teito.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o aumento exponencial de indixentes na Coruña obriga ao Concello a habilitar iniciativas públicas que aborden o problema. Neste sentido proponse que o albergue, ademais de dar acubillo e alimentar ás persoas excluídas, organice cursos de orientación laboral para que as persoas que o desexen poidan reincorporarse a vida social. Así, co paso do tempo a meirande parte dos postos de traballo relacionados con esta labor social poidan ser desenvolvidas por persoas reinseridas socialmente mediante os ditos cursos de rehabilitación.

 

O albergue tamén podería servir de puntal na loita contra a drogadición, mediante a coordinación con organizacións de loita contra a drogodependenza, esta iniciativa permitiría que este tipo de ONG tivesen o seu propio espazo no albergue, reducindo os custo de mantemento dun espazo propio, algo que a moitas resúltalle moi complicado logo dos recortes da Xunta de Galicia a estes colectivos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Concello non pode inhibirse baixo o paraugas das iniciativas privadas, urxe dar resposta as necesidades dos máis desfavorecidos”.

 

César Santiso indicou, valoramos moi positivamente o traballo que desenvolven as diversas asociacións caritativas e humanitarias da cidade, pero os poderes públicos deben involucrarse moito máis alo da mera concesión de subvencións. O Concello ten a obriga moral de involucrarse directamente na solución dun problema que desgrazadamente abarca cada vez a maior parte da veciñanza.

 

Relacionados