Apopio ao Telemarketing

Hoxe desenvolveuse unha folga xeral do sector do telemarketing en todo o Estado para denunciar a situación de bloqueo na que se atopa o V convenio colectivo que leva máis de un ano en fase de negociación.

A devandita folga complementouse con manifestacións nas principais cidades, na Coruña partiu as 12:30 dende o Obelisco para chegar ata a Delegación do Goberno. Unha representación do consello comarcal de EU Coruña participou na manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UGT, como mostra de solidariedade. Entre outros membros destacou a presenza do coordinador comarcal e voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, César Santiso, da concelleira de EU Cambre Olga Santos ou da responsábel de comunicación comarcal, Luz Ponte.

 

Esquerda unida apoia as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de telemarketing na procura dun convenio digno, pois o sector do Contact Center está sometido a un elevado índice de precariedade laboral, ausencia de formación e profesionalización no sector. Asemade a patronal está a desenvolver un continuo desvío de carga de traballo cara outros países en Sudamérica e países do leste de Europa como Chile, Colombia e Rumania, coa complicidade de clientes que contratan os servizos como Gas Natural Fenosa, Iberdrola, Endesa, Telefónica, Movistar, Orange, Vodafone, R, Novacaixagalicia, Banco Pastor, Banco Santander, Aon…

 

Diante dista situación a patronal pretende afondar na precariedade laboral pretendendo asinar un convenio que legalice ERE’s Express, con maior flexibilidade aínda que a propia contrareforma laboral, negando unha suba laboral mínima como a que reclaman do IPC ou recortando prestación sociais.

 

César Santiso, indicou que “a precarización laboral que está a aplicar a patronal, bloqueando a negociación e desviando a carga de traballo a outros países, é inmoral”.

 

Relacionados