Semella que nesta cidade non todos os cidadáns somos iguales ante a Lei, que para este Concello existen cidadáns de primeira e cidadáns de segunda.
Uns poucos privilexiados poden incumprir as leis, falsificar elementos de sinalización viaria, incumprir os usos urbanísticos permitidos para os locais que posúen ou ter negocios sen pagar a licencia e os impostos correspondentes. Mentres o resto da cidadanía que cumpre as leis e pagan os seus tributos baixo pena de recibir todo o peso da Administración, tamén teñen que soportar como o Concello obvia as súas denuncias.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia a existencia dun garaxe ilegal na urbanización das Xubias pese as denuncias da veciñanza no concello que conta dende 2006 cun informe da policía local que certifica a existencia dunha placa de vao permanente falsa. Así o Concello logo de seis anos non regularizou a situación e a día de hoxe, garaxe e o vao falso seguen no seu sitio.
“Que pensará o cidadán que non poden utilizar os seu baixo como garaxe, polo que non pode meter o coche, e non o mete, e os señoritos collen e meten o coche e fan o que queren. A realidade e que si os poderes públicos non fan cumprir as normas, non fan cumprir as leis, o estado de dereito rachase. Fago un chamamento ao goberno municipal para que actúe de urxencia para evitar esta situación de desigualdade. ¿Quen son os donos dos garaxe é que ou quen os protexe para que podan infrinxir as leis con total impunidade de modo que as denuncias contra as súas tropelías non prosperen?” preguntouse César Santiso quen mostrou o informe da Policía Municipal do 2006 recoñecendo a existencia do vao ilegal, unha fotografía tomada fai uns días na que aparece que a sinal falsa segue existindo e a copia da cédula de información catastral do local utilizado ilegalmente como garaxe descargada da páxina web do Catastro na que se ve que entre os usos permitidos do local no está o de garaxe.
Finalmente Santiso indicou que “Cando chegamos a María Pita comprometémonos a fiscalizar a acción do Goberno local e a controlar as contas do Concello, máis tamén a velar porque se cumpra a legalidade vixente. Así pois estamos dispostos a rematar cos privilexios que gozan algúns na nosa cidade dende fai décadas, anunciamos que avanzaremos máis nesta investigación pois atopamos máis eivas que estamos constatando. Asemade convidamos a cidadanía que nos transmita todas as situacións ilegais que observen, comprometémonos a investigalas e sacalas a luz pública, porque outra política é posíbel, a da igualdade en canto a dereitos e obrigas entre todos e todas”.