Desmantelamento de ferrocarril

Asemade a postura resulta hipócrita cando por outra banda se está a apostar por outros servizos deficitarios como o AVE ou o transporte aéreo, recibindo un grandes investimentos e o outro enormes subvencións. Asemade en contraposición co ferrocarril que é un transporte popular os outros son elitistas.

O ferrocarril debe considerarse como un ben público e ao igual que a sanidade ou o ensino, é preciso que estea a servizo da cidadanía e non ao servizo do beneficio privado.

Esquerda Unida – Os Verdes defende a potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e de mellora do noso nivel de sustentabilidade. As necesidades de mobilidade da poboación deben de estar garantidas, con independencia da situación xeográfica, do poder adquisitivo, asemade semella fundamental mudar o modelo actual de mobilidade e exercer políticas que reduzan a dependencia do petróleo.

 

Relacionados