Desplante da SEPI

 

A primeira hora desta tarde o Grupo Parlamentar de IU no Congreso vén de coñecer a non comparecencia do responsable da  SEPI, prevista para hoxe pola tarde ás 16:00 horas. Atopámonos diante dun descaradado desplante á plantilla de Navantia en concreto e en xeral ao conxunto da nosa cidadanía.

 

“Semella non importarlles nada o drama social que está a acontecer na nosa cidade co estrangulamento do sector naval público de Ferrolterra”, salienta Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal. A Mesa da Comisión de Industria do Congreso, en mans do PP, vén de alegar in extremis un erro nas datas para pospoñer unha comparecencia necesaria para despexar dúbidas e clarexar que hai de certo e que de campaña electoral no anuncio dos encargos de Pemex.

 

Logo dunha nova mobilización esta mañán na nosa cidade  o primeiro movemento do PP e paralisar unha comparecencia reclamada por EU dende o mes de xaneiro deste ano.  O Grupo Municipal de EU empraza ao alcalde a dicir a súa opinión logo desta nova desconsideración coa cidade.

 

Son os compromisos no Congreso con publicación no BOE o que necesita Navantia e Ferrolterra, non antidisturbios e cerrazón para cumprir cos compromisos que demanda de xeito unánime toda Ferrolterra.

Relacionados