Estrada das Rañas

 

Na devandita asemblea explicáronse as iniciativas presentadas no Concello polo noso grupo municipal, segundo o mandato da I Asemblea veciñal no barrio, así como a resposta do Goberno municipal e o grado de desenvolvemento das iniciativas aceptadas por este.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao Goberno municipal si ten pensado arranxar as múltiples deficiencias que padece a estrada das Rañas e as súas rúas accesorias. Ademais do mal estado no que se atopa a estrada, as rúas accesorias carecen das infraestruturas básicas, como badéns nas calzadas, sinalización viaria, tanto vertical como horizontal, pasos de peóns, límites de velocidade e, incluso numeración correlativa nos edificios e rúas sen denominar.

 

Xa que logo, Esquerda Unida esixe a limpeza da estrada das Rañas para evitar o perigo que supón as zonas embarradas para coches e peóns que por mor das obras da 3ª Rolda ten acumulada moita sucidade e grande cantidade de barro, ademais a zona carece de servizo de limpeza de rúas, algo inconcibíbel nunha cidade moderna e dinámica como A Coruña.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e queixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.

Relacionados