Demandas sinxelas, elementais e lóxicas que evidencian a grave situación de infradesenvolvemento que vive unha zona esquecida por parte do Concello e que dende Esquerda Unida – Os Verdes tentaremos reverter.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia o estado da Avda. de salgado Torre que incomunica a rúa branco white con a igrexa e o cemiterio de san cristovo, a falta de infraestruturas impide aos veciños e veciñas acceder a outras zonas do barrio sen exporse a perigos debido a situación da estrada.
Esquerda unida propón a instalación dun paso elevado sobre a Avda. Salgado Torres que evite o illamento da veciñanza do Birloque. O devandito paso elevado poderíase instalar xunto á ponte da vía do tren.
O Voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “preguntaremos ao Goberno municipal por esta situación, tal e como acordou a veciñanza na II Asemblea de Barrio do Birloque”.