Feijoo e Marcial Dorado

O grupo parlamentar sinala que noutros países civilizados tense dimitido por moito menos.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2012.- Alternativa Galega de Esquerda considera moi graves as fotografías publicadas no día de hoxe no diario El Pais nas que se constata unha estreita relación de amizade entre o actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o narcotraficante Marcial Dorado. Desde o grupo parlamentar sinalan que por moito menos noutros paises civilizados xa tería que ter dimitido.

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda esixirá a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia en sede parlamentar para que dea as pertinentes explicacións a todos os galegos e galegas sobre esta relación de amizade.

Así mesmo, os deputados de AGE lembran que cando foron tomadas estas fotografías o agora presidente da Xunta ocupaba xa destacados postos na Administración sanitaria mentres mantiña unha relación de amizade cunha persoa que tivera xa dúas detencións por contrabando de tabaco e outra dentro da operación Nécora, o que, cando menos, pon en dúbida a súa calidade ética.

Relacionados