Ordenanzas Fiscais e Prezos Públicos

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a pesar da importancia que teñen as ordenanzas fiscais e prezos públicos para acadar a xustiza social e a reactivación económica do municipio, o foco mediático do Pleno desviouse cara algunhas das mocións presentadas, por iso queremos facer fincapé nas nosas propostas baseadas na xustiza social. O PP leva moito tempo anunciando a súa capacidade para desenvolver medidas contra a crise económica e mesmo a dicir que aplicarían medidas sociais, máis nas súas primeiras ordenanzas fiscais non cumpren ningunha das expectativas anunciadas”.

Esquerda unida considera que as ordenanzas fiscais aprobadas inicialmente prexudican as familias traballadoras. Como o demostra o feito que se reduzan as taxas a grandes empresas como as operadoras de telefonía móbil, ou se apliquen bonificacións lineais no imposto de Plusvalía, algo que rexeitamos profundamente pois si ben estamos a favor da bonificación para as transmisións realizadas a título lucrativo por causa de morte en relación coa vivenda habitual do causante, propoñemos que a bonificación sobre a Plusvalía sexa progresiva en relación a renda da unidade familiar. Que sentido ten que en tempos de crise, cando as arcas públicas están máis necesitadas de cartos para atender as demandas sociais, os herdeiros dos ricos véxanse bonificados do pagamento dun imposto que nutriría as arcas municipais? Ou que se conxelen os impostos a cidadanía pero se reduzan.

Aínda que os impostos locais non teñen en conta as circunstancias persoais do suxeito pasivo ao ser de carácter obxectivo, non cabe dúbida que a lexislación permite ao Concello aplicar criterios de progresividade en bonificacións y tarifas nalgúns destes impostos, para que se cumpra así o criterio de que paguen máis os que máis teñen, xa que logo, presentaremos unha batería de alegacións para emendar a errática política fiscal do Goberno do PP cara unha máis social, xeradora de emprego e medioambientalmente sostíbel:

Bonificacións do 50% no ICIO para as Vivendas de Protección Oficial

Tarifas progresivas no IVTM para que paguen menos os vehículos e motocicletas de menor cilindrada a consta de que paguen máis os de maior potencia pertencentes aos máis pudientes

Redeseñar o sistema de pago da taxa por prestación do catálogo de servizos domiciliarios para que a súa progresividade fose moito máis xusta

Incrementar o período de bonificación das Vivendas de Protección Oficial e similares a máis de tres anos no IBI.

Aumentar as bonificacións que reciben os chamados coches ecolóxicos

Bonificar cun 50% no IAE as empresas que autoxeren enerxía mediante fontes renovábeis

Incrementar a bonificación ate o 50% no IAE ás empresas segundo o grado de desenvolvemento de plans de transporte para o seu persoal

Aumentar a bonificación do ICIO do 90 ao 95% para instalación de placas solares para obtención de enerxía solar térmica e fotovoltaica

Bonificar o 50% do IAE para industrias que se afinquen nas aforas da cidade

Reducir de maneira progresiva ata o 50% do IBI as edificacións que incorporen instalacións solares que superen o esixido polo Código Técnico da Edificación

Reducir a tarefa do IVTM nos vehículos industriais

Fomentar o pequeno comercio incorporando que o pago nos comercios sirva para compensar a ORA e así paliar as vantaxes que lle outorgan os aparcamentos gratuítos aos grandes centros comerciais que están a afogar ao pequeno comercio.

En definitiva Esquerda Unida abordaría a elaboración dunhas ordenanzas fiscais máis sociais e xustas que as desenvolvidas polo bipartito e, por suposto moito máis que as pretende aprobar o PP.

Finalmente César Santiso avogou por unha rectificación do Goberno municipal “é de sabios rectificar, esperemos que, polo ven da cidadanía coruñesa, o Goberno municipal escoite as nosas propostas e se digne a debatelas con nós”.

Relacionados