HOMENAXE A LUISA FERNANDEZ

 

COLECTIVOS SOCIAIS, POLÍTICOS E CULTURAIS REALIZAR MAÑÁ MÉRCORES UNHA HOMENAXE Á ACTIVISTA MARIA LUISA FERNÁNDEZ, FALECIDA O PASADO MES DE MAIO EN VIGO

 Esquerda Unida de Vigo participará na homenaxe que celebrase ás 19:30 horas no Salón de Actos do M.A.R.C.O. para lembrar a unha das figuras de referencia de moitos movementos sociais de Vigo nos que participou activamente: Comités anti-sida; o IMAN, a Marcha Mundial das Mulleres, Asemblea Republicana, Asociación Viguesa pola Memoria do 36, Colectivo Violeta, etc..

 Mestra. Natural de Monforte, residía en Vigo dende o ano 79. Militou no PC dende o ano 72 e en Esquerda Unida dende a sua formación. Foi militante activa no colectivo vigués antisida (IMAN) e no movemento feminista, nomeadamente no Colectivo Violeta e na Marcha Mundial das Mulleres. Membro tamén da Asociación de axuda ós presos Concepción Arenal. Foi ademáis cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA nas municipais de 2007 en Vigo.

 O acto contará coas intervencións de:

  •  Marcha Mundial das Mulleres (Victoria Iglesias)
  •  Asemblea Republicana de Vigo (Celso)
  •  Intervención do Colectivo Violeta (María Santos)
  •  Intervención da Asociación da Memoria Histórica do 36 (Telmo)
  •  Intervención do Colectivo IMAN CEDRO, con poema incluído (Pablo Veloso)
  •  Intervención de Esquerda Unida (Eva Solla)

 

E coas actuacións musicais de Tino Baz e de de Laura Quintillán, , tocando mezcolanza do Himno da República, a Internacional e o Himno Galego.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Relacionados