Así, baixo estas circunstancias desenvolveuse o incendio de onte en Penamoa.
Esquerda Unida achaca o incendio de Penamoa a inacción e incapacidade do goberno municipal, unha desgraza que se puido ter evitado cunha actuación rápida e sinxela que suporía un mínimo investimento. Investimento inferior ao custe que supón o desprazamento dos equipos de bombeiros a apagar o lume.
Así, debido a falta de previsión do PP, estamos a lamentar un desastre medioambiental que afecta a varias hectáreas de monte e que ademais afecta a saúde da veciñanza, pois non debemos esquecer que os refugallos alí acumulados incorporan plásticos e outros produtos perigosos que cando se queiman producen gases tóxicos que respira a veciñanza. Así, as enormes columnas de fume que chegaron a superar os catro metros de altura expandiron por grande parte da cidade os gases tóxicos.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denunciou a situación a principios do verán e posteriormente a semana pasada, inclusive con iniciativas plenarias máis o concello fixo oídos xordos, apesares que a propia veciñanza, nomeadamente a Plataforma do Ventorrilo, fixo múltiples denuncias desta situación e mentres se desbrozaba de maleza outras zonas da cidade, o goberno local obviou a zona de Penamoa, nunha nova mostra de abandono e esquecemento da veciñanza do Ventorrillo e zonas próximas. Non cabe dúbida que esta situación de abandono non se produce noutras zonas da cidade, como o centro, o que ven a demostrar que na Coruña existe unha clara discriminación entre barrios, existindo cidadáns de primeira e outros de segunda, algo que rexeitamos rotundamente de EU-V e non estamos dispostos a aceptar.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “constátase unha vez máis que os poderes públicos son incapaces de adiantarse aos acontecementos, actuando soamente cando se produce a desgraza, esperemos que agora actúe de inmediato porque como tamén denunciamos a zona da Agra das Baixadoiras atópase nunha situación similar á dos depósitos, demandamos que o goberno municipal actúe de urxencia na zona para que non se volva a repetir unha nova desgraza”.