Xunta de voceiros

 

O grupo municipal resrexistrou no día de hoxe unha iniciativa para que se reúna con carácter de urxencia a Xunta de Voceiros coa finalidade de achegar unha postura común.

 

Na Xunta de Voceiros previa  á celebración do Pleno ordinario de outubro acordouse redactar unha iniciativa conxunta de todos os grupos que permita dar unha saída negociada o conflito mantendo o emprego e condicións  asociados ao plan de dinamización.

 

Esquerda Unida considera indispensable que o Goberno Municipal asuma a defensa dos intereses da cidade, que neste caso son o mantemento do emprego das traballadoras e traballadores do mar  e a aceleración do saneamento da ría, que suporía un pulo ao emprego asociado ao sector primario e de servizos. O alcalde non pode permanecer impasible diante da intransixencia da Xunta e ten que defender a nosa cidadanía, aos mariscadores e mariscadoras e as potencias que acubilla a ría. Cómpre lembrar que no Pleno ordinario de outubro o voceiro dos mariscadores anunciou a disposición negociadora do colectivo, que a día de hoxe caeu no saco roto, prepotente e silencioso dun PP embebido nas enquisas.

 

Para o noso Grupo Municipal semella  da meirande urxencia a recuperación dun acordo que permita manter os contidos asociados ao plan de dinamización da ría. A Xunta de Voceiros é o espazo para artellar ese acordo común entre os partidos  e as iniciativas asociadas ao mesmo.

 

Relacionados