Mobilizacións contra ataque a Siria

Esquerda Unida apoia as mobilizacións convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz, da que forma parte xunto con outras organizacións e colectivos sociais, para manifestar a repulsa en contra dunha intervención militar en Siria. Unha vez máis a historia vólvese a repetir agora toca o pobo sirio. Os Estados Unidos xunto cos seus aliados da OTAN pretenden no nome da paz e do rescate da poboación siria, iniciar outra guerra de exterminio da que manifestamos enerxicamente a nosa repulsa.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta que é obriga e necesidade que o tratamento de confictos se resolva mediante o diálogo e non co enfrontamento. As guerras previas orquestadas baixo a bandeira da paz remataron con países nos que lonxe de existir a democracia, existe a inestabilidade e a inseguridade e milleiros de vítimas e desprazados, exemplo delo é Irak.

Yolanda Díaz, vicevoceira parlamentaria e coordinadora de Esquerda Unida manifesta que “é necesario artellar unha resposta conxunta e radical contra a guerra e contra aqueles que a defenden en nome da liberdade”.

Por iso, Esquerda Unida fai un chamamento á participación da cidadanía nas mobilizacións convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz  contra  a intervención imperialista no pobo sirio:

Martes, día 10, ás 20:30 horas, en tódalas cidades e vilas posibles, diante dos concellos, agás en Vigo, que será diante do Consulado francés (Camelias 56) e en Coruña que será diante do Consulado norteamericano.

No caso de producirse a agresión militar norteamericana sobre o pobo sirio, ó día seguinte no caso de ser pola noite, ás 20:30 horas, de novo, concentracións nos lugares sinalados no punto anterio

Relacionados