Moción OTAN

 

Estes días 19 e 20/11/2010 en Portugal, na cidade de Lisboa os imperialistas  tomarán a decisión da nova estratexia, baseada na chamada “operación liberdade duradeira”. A OTAN é o instrumento para que os Gobernos ante o futuro incerto e preocupante, defendan o capital salvaxe, tendo o novo regulamento usárano  para invadir, saquear os recursos naturais en calquera parte do mundo.

Desgraciadamente as guerras non desaparecen, estando moi preto de novas guerras e conflitos, seguen aumentando os arsenais de armas nucleares, aumento de venta de armas, temos os conflitos de Afganistán, Iraq, Irán, Marrocos,Palestina, Colombia, Venezuela, Sri Lanka, …etc.

Para Esquerda Unida o señor ZP  esqueceuse das alianzas das civilizacións, polo tanto é un gobernarte contrario a Paz. En 2009 ZP, autorizou a venda de armamento  por un valor  de 1.300 millóns de €, aumentando a exportación en 44% mais que no ano 2008.

Dende Esquerda Unida de A Guarda solicitamos:

Que tódolos Gobernos do mundo se desfagan do armamento nuclear.

 

Eliminación  da organización OTAN.

 

Retirada de tódolos militares dos países que están invadidos.

 

Eliminación das bases militares.

 

Que os invasores corran cos gastos da recuperación dos países invadidos.

 

Prohibición da venda de armas.

 

Que os acordos sexan enviados a Xunta de Galicia, e as Cortes Xerais.

 

Relacionados