Moción para fortalecer e consolidar os organismos de igualdade de xénero

 

EXPOSICION DE MOTIVOS

 

A recente eliminación do Ministerio de Igualdade e do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, dirixe a sociedade, especialmente ás mulleres, unha mensaxe de que as políticas de igualdade de xénero son políticas tan só complementarias. Que igual se poden abordar dende traballo, que dende asuntos sociais ou sanidade. Que son algo accesorio, do que se pode prescindir, que non teñen entidade propia suficiente e que as mulleres poden ser moeda de cambio.

 

Entendemos que a decisión do Goberno de que desapareza o Ministerio de Igualdade é consecuencia dunha lectura desconsiderada das mulleres, que non son asumidas institucionalmente como suxeitos de plenos dereitos. De igual maneira non podemos compartir a desaparición do Servizo Galego da Igualdade, a pesares do seu escaso orzamento e certo burocratismo.

 

Reivindicamos a necesidade de superar a actual etapa de convenios entre a administración autonómica e os concellos en materia de políticas de igualdade para asentar un novo modelo de financiamento local que evite actuacións do poder autonómico clientelares e discriminatorias segundo a cor político dos concellos.

 

A creación dun Ministerio da Muller ou o desenvolvemento das Políticas Públicas de Igualdade de Xénero son unha vella reivindicación das organizacións de mulleres feministas, en canto serven como ferramenta e canle vertebrador das políticas de igualdade, tan necesarias no conxunto do Estado e no noso país.

 

Xa que logo, o Consello Comarcal de Esquerda Unida propón ao Pleno do concello da Coruña a toma dos seguintes

 

 

ACORDOS

 

Primeiro. O Pleno do concello da Coruña insta ao Goberno do Estado a que restitúa o Ministerio de Igualdade, ao obxecto de desenvolver as políticas públicas de igualdade xénero cun orzamento suficiente para exercer as súas funcións e competencias.

 

Segundo. O Pleno do concello da Coruña insta ao Goberno da Xunta de Galicia a que cree a Consellaría de Igualdade de Xénero, con competencias plenas e cunha dotación orzamentaria suficiente para o desenvolvemento das súas funcións e competencias.

Relacionados