O Ventorrillo sen servizos

 

Froito do devandito deterioro, xurdiu a progresiva desaparición do tecido comercial coruñés como se pode constatar cos numerosos locais baleiros na cidade.

 

Aínda que esta desertización se visualiza con maior facilidade no centro da cidade, a veciñanza dos barrios xa viña sufrindo esta situación dende fai anos coa perda de servizos comerciais básicos como tendas de barrio e supermercados sen que os sucesivos gobernos fixeran outra cousa que afondar na promoción de Dolce Vita, Espazo Coruña ou Marineda City, favorecendo o urbanismo especulativo e a acumulación de grandes fortunas en mans duns poucos en lugar de loitar polos intereses da maioría social coruñesa e das familias traballadoras, xa que logo, convertéronse nos causantes dos problemas en lugar de ser os protagonistas de solucións, como se lle presupón aos poderes públicos.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes responsabiliza aos anteriores goberno do PSOE do deterioro do pequeno comercio, a perda da tradicional vida de barrio coruñesa e a perda de servizos comerciais básicos en barrios como o Ventorrillo.

 

A devandita situación provocou a perda da tradicional vida de barrio coruñesa que fomentaba o contacto entre a veciñanza promovendo valores que na actualidade estanse a esquecer como a solidariedade ou o  asociacionismo. Asemade, a perda de servizos nos barrios e a promoción das grandes superficies comerciais nos arrabaldes provocou un incremento exponencial da utilización do vehículo privado a motor afondando no xa de si pronunciado déficit de mobilidade na nosa cidade, socavando a calidade dá veciñanza debido ao aumento de perdas de tempo e incremento de custos nos desprazamentos ou contaminación atmosférica, asemade incrementouse a emisión de gases de efecto invernadoiro causantes do cambio climático e o quecemento global, así como a nosa dependenza do petróleo, fonte enerxética cada vez máis escasa e cara.

 

A estas erráticas políticas súmase, no caso do Ventorrillo, os problemas provocados pola inacción dos devanditos gobernos en relación co asentamento chabolista de Penamoa, que durante anos socavou a imaxe do barrio acelerando e intensificando a desaparición de tendas e pequenos negocios.

Quizás o peche máis significativo e prexudicial para os veciños fora o do supermercado GADIS, que ademais de dar servizo a gran parte da poboación do barrio, tamén actuaba como dinamizador do edificio comercial no que estaba situado, atraendo clientela para o resto dos negocios alí instalados.

 

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal a que reciba a veciñanza do Ventorrillo para debater sobre as infraestruturas do barrio. O día 3 de febreiro de este ano os veciños do Ventorrillo presentaron un escrito apoiado por 2000 firmas pedindo unha entrevista coa Sra. Cid, tenente de alcalde de emprego, empresa, turismo e comercio, co obxectivo de solicitar unha entrevista para expoñer este problema e requirir que o Concello fixera as xestións necesarias para conseguir que o barrio do Ventorrillo volva a dispoñer dunha infraestrutura comercial básica para unha cidade moderna, avanzada e “intelixente” no século XXI.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal amosa unha alarmante falta de diálogo coa veciñanza, proba de esta eiva en canto a participación cidadá a temos no case medio ano que os veciños do Ventorrillo levan esperando por unha entrevista”.

Relacionados