Participación cidadá

 

Bloqueadas no seu desenvolvemento, apenas sen información cara a cidadanía e cun dirixismo atroz por parte do Goberno, Esquerda Unida está certa que se pretende asasinar as políticas de participación cidadá, que sonlle incómodas a un  PP cómodo no ordeno e mando.

 

“Garantías, transparencia e democracia son os elementos que deben configurar o tempo da participación cidadá”, salienta Javier Galán.

 

Javier Galán vai fiscalizar nas vindeiras comisións a situación dos acordos –  teledirixidos  polo Goberno Municipal – do remedo de asemblea de cidade que se  organizou o 18 de decembro pasado. A nosa organización entende indispensable facer un seguimento exhaustivo das actuacións que o PP leve a cabo neste eido.

 

Esquerda Unida reclámalle ao Goberno o xirar dende o desinterese e a manipulación na que resta hoxendía instalado o PP e que lle leva a construír un simulacro de participación cidadá a outro escenario no que o Goberno se retire a un segundo plano e deixe o protagonismo á cidadanía e faga efectivos os compromisos para desenvolver  o Regulamento de Participación Cidadá e as obras pendentes de rematar dos OP,s previos.

 

O Grupo Municipal critica por outra banda a negativa do Goberno Municipal a manter un diálogo e colaboración fluídas coa Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá, que é a expresión elixida para de xeito transitorio  coordinar as tarefas de desenvolvemento destas políticas.

 

Relacionados