Sampedro miltante comprometido

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lamenta o pasamento do escritor e economista José Luis Sampedro, que morreu aos 96 anos este domingo en Madrid. Sampedro, militante contra o neoliberalismo e a ditadura financeira, foi un dos intelectuais máis comprometidos durante os últimos anos con posicións progresistas e de esquerdas. O seu combate serviu para fornecer de ferramentas críticas aos movementos sociais de oposición á troika europea e os seus mandados no sur de Europa. A maiores, a súa obra literaria deixou fermosas páxinas de delicadeza e preocupación pola condición humana.

 

 

Relacionados