Fraude porque é o impedimento de saída do porto Guardés, por ser un caminho ante natural que non encaixa co medio, ademais dende a fonte quente ata porto madeiro e un caminho que impide o acceso ao mar. A madeira na parte alta ao chan en moitos sitios supera os 50 centímetros de altura e na súa veira hacia o mar deixaron unha parede de seixos para que non se poida pasar, e sobre todo a xente maior.
O Camiño esta diferenciado en dúas partes, unha parte sólida, arras do chan (A Guarda) e outra parte alta e ante natura (Camposancos).
¿Porque non limpan, mantenhen os caminhos naturais na zona?, se estiveran limpos seria un paseo natural e integrado co medio, e se evitaría o despilfarro de cartos públicos, e ademais servirían para que os propietarios das fincas poidan ter acceso a elas. A forza do mar quita a razón dos senhores que ganhan medallas do EDEN, disenhadores do proxecto…etc.
Seguramente a madeira que arrancou o mar volverase a colocar, se é así, o lóxico sería colocala onde a natureza deixou súa sinatura. (Xa se encargará o mar de volvela arrancar)
Se polo paseo marítimo caminha,…moita xente cal é a razón de que en porto madeiro non este o contenedor de lixo. ¿Onde están as papeleiras no percorrido do paseo? ¿Onde esta o alumeado ecolóxico? ¿Porqué as sinais están rotuladas en espanhol?
Dende Esquerda Unida Solicitamos:
Que se limpen os caminhos naturais e reparen o chan con materiais axeitados.
Que non se malgaste mais dinheiro público en un paseo ante natura.
Que se coloquen as papeleiras.
Que se rotule en Galego.